Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ACUSADA DE DANOS CONTRA UNHA MINICENTRAL

Detida unha moza por segunda vez no marco da Operación Castiñeira

Membros da Garda Civil prenderon este serán en Ourense a moza María Bagaría, como continuación da Operación Castiñeira. Bagaría permanece no cuartle de Ourense e mañá pasará ao dispor do xuíz de Celanova, acusada de guindar cócteles molotov contra unha minicentral na Merca. Esta rapaza xa fora detida hai unha semana, canda outras nove, e fora posta en liberdade sen cargos logo de permanecer detida en Madrid durante dous días. Fontes da organización antirrepresiva Ceivar, indicaron que "non se descartan novas detencións". A Operación Castiñeira levou a detención de dez persoas, relacionadas co independentismo, e acusadas de "atentados contra a orde pública, danos materiais e inxurias".
Anteriores: A operación Castiñeira continúa aberta

- 20:41 21/11/2005
Tags:


5/5 (1 votos)