Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
PRESENTARÁ DENUNCIA DIANTE DA DIRECCIÓN XERAL DE MEDIO AMBIENTE DA COMISIÓN EUROPEA

Foro Social de Cangas reúnese co Porto de Vigo e presenta alegacións ao Porto de Massó

Hoxe venres, representantes do Foro Social de Cangas foron recibidos por Carlos Lopez Fon, xefe do gabinete de relaciós institucionais da Autoridade Portuaria de Vigo e presentaron por rexistro un escrito facendo un repaso a historia do proxecto de porto deportivo en Massó, detallando a relación co proceso especulativo que se estivo a intentar en Cangas durante os últimos anos, mostrar as irregularidades e ilegalidades presentes na tramitación do proxecto e pedindo que se aclaren e poñan enriba da mesa os puntos escuros que conten este procedimento.

- 19:52 18/11/2005
Tags:

Xa levamos un mes esperando a prometida resolución do conflicto, en caso de que no plazo de dez días non se faga efectiva, o Foro Social presentará denuncia diante da Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea, Valedor do Pobo ou calquer outro organismo que teña competencias para facer respetar as leis.

Tamén se presentou por rexistro a solicitude de acceso ao expediente, que o tratarse de tema relacionado co medio ambiente é de acceso libre a toda persona física, e tamén recollendo as promesas do Presidente da Autoridade Portuaria de garantir a "absoluta transparencia" con respecto a este tema.


0/5 (0 votos)