Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
LUIS TOSAR RECOLLE O PREMIO DESTE ANO

Cineuropa: a noite de Tosar

O actor Luís Tosar é o homenaxeado nesta edición de Cineuropa, que se celebra do 2 ao 30 de novembro no Teatro Principal de Compostela. É o primeiro actor galego ao que se lle concede o Premio Cineuropa. A gala celebrarase o martes 15 de decembro ás 21:00 h. no Teatro Principal, e a seguir proxectarase o filme Un día en Europa: Galatasarái-Dépor.

- 14:06 15/11/2005
Tags:

Ao fin é un actor galego quen recolle o galardón do Festival Un día en Europa: Galatasarái-DéporCineuropa. A actriz Marisa Paredes foi galardoada en 2000 á vez que o director José Luís Borau e o distribuidor Emilio Baños. En 2001 Juan Echanove foi o agraciado, Federico Luppi en 2002, Bigas Luna en 2003 e o ano pasado o premio foi para o director portugués Manoel de Oliveira.

O actor que Galiza sempre ha lembrar coma o xuíz de "Mareas Vivas" xa recibira o Goya ao Mellor Actor Protagonista e a Cuncha de Prata ao Mellor Actor do Festival Internacional de Cine de San Sebastián no 2003, polo seu papel en Douche os meus ollos de Icíar Bollain. Precisamente Tosar comezou no cine da man de Bollain en 1998 na película Flores de outro mundo, e pola que foi nominado ao premio Goya ao actor revelación. Tamén conseguira xa un Goya, coma mellor actor secundario, no 2001, por Os Luns ao Sol de Fernando León.

Opina no foro de Compostela Cultura.


0/5 (0 votos)