Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
DÍA DE INTERNET

Comezan as xornadas de Accesibilidade Web

Con motivo da celebración do Día de Internet a Universidade de Santiago celebra unha xornadas de Accesibilidade Web e fai balance do grao de desenvolvemento de internet na USC. As xornadas de 'accesibilidade' desenvólvense no Salón de Actos da Escola de Óptica e Optometría.

- 15:24 24/10/2005
Tags:

O obxectivo das xornadas sobre Accesibilidade Web ten por obxectivo amosar a situación e o grao de desenvolvemento e de utilización das técnicas que permiten o acceso máis doado a colectivos con dificultades especiais para navegaren pola rede. Ao tempo, con estas conferencias téntase facer un repaso á situación actual en Galiza para afondar nas webs das universidades do estado.

Para falar sobre a Accesibilidade nos Sitios Web, no bloque de mañá, cóntase coa presenza de expertos como Carlos Egea do Grupo de Expertos en Accesibilidade ás NITC da Fundación Once, Jesús García coordinador da Oficina Española W3C, Alejrandro Rodríguez da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicacións da Universidade Politécnica de Madrid e Vicente Luque profesor da Universidade Carlos III.

Este primeiro bloque trata tamén os Estudos Sobre Universidades, un tema no que o director xeral de Acctiva, Andrés Amorós, presentará o Informe sobre accesibilidade dos portais web das universidades españolas. Un informe sobre o que tamén disertará Carlos Egea.

A xornada de tarde desenvólvese baixo o epígrafe Boas prácticas e vai estar moderada polo coordinador de Planificación Estratéxica en TIC da USC Luis Coladas. Vai contar coas intervencións de Manuel Escudero director xeral de Informática da comunidade murciana, Antonio Camarero asesor da vicerreitoría de Innovación e Espazo Europeo de Educación Superior da Complutense de Madrid, Gisleno Fernández analista de Unidade de Desenvolvemento Web da mesma universidade e Pedro Rey director da Oficina Web da USC.

Aproveitando tanto a celebración do Día de Internet coma o desenvolvemento das xornadas sobre accesibilidade o reitor da USC, Senén Barro, expón o desenvolvemento de internet na USC e tamén o das aplicacións arredor de espazo web desenvolvidas na universidade compostelá.


0/5 (0 votos)