Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOVOS DATOS SOBRE A MORTE DE MENEZES

O brasileiro asasinado pola policía en Londres ía sentado no metro

A versión oficial deica agora sobre o acontecido aseguraba que o electricista brasileiro Jean Charles de Menezes levaba un sospeitoso e avultado abrigo en día de moita calor e engadía que saiu fuxindo ao ver a policía, correu polas escaleiras da estación e chimpou por riba das barreiras. Todo iso era falso, segundo os documentos revelados pola cadea ITV. Os novos datos, froito da chamada Comisión independente de queixas á policía, afirman que Menezes entrou na estación co seu boleto, colleu un xornal, entrou no tren e sentou e que así estaba cando escoitou berrar "Policía!". Segundo unha testemuña, cando fixo xesto de ir erguerse un axente amarrouno e outro disparoulle oito veces. O goberno británico anunciou que non tomara medidas ata que o informe estea oficialmente rematado.

  • Anterior O goberno Blair cavila tribunais "secretos" para xulgar a presuntos terroristas

  • - 07:21 17/08/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)