Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Bos Aires

Edición xestionada por Débora Campos
RSS de Bos Aires
CONFLICTO ARXENTINO-URUGUAIO

Superan o conflito reactivando a Comisión Mixta que estudiará o impacto ambiental das fábricas de pasta de papel (ENCE Botnia)

Os Chanceleres de Arxentina e Uruguai, logo dunha xuntanza fóra do Cumio do Grupo de Río, emitiron un comunicado conxunto, no mediodía do venres, no que anuncian a reactivación da Comisión Mixta que estudiará o impacto ambiental e dan por superado o conflito.

- 09:41 26/07/2005
Tags:

A prensa arxentina (La Nación Clarín) publica fotos dos Chanceleres de Arxentina e Uruguai sonrintes logo do encontro bilateral no que acordaron reactivar a Comisión Mixta que estudiará o impacto ambiental pola instalación das fábricas de pasta de papel de ENCE e Botnia. Uruguai suspendera, unilateralmente, as xuntanzas da devandita comisión logo que Arxentina protestara pola instalación e pedira ó Banco Mundial que supendera o crédito anunciado de 1.800 millóns de dólares que daría base a outros acordos financieiros.

A Comisión ten un prazo de 180 días e deberá reunirse no tempo máis curto posible. Estes sinais diplomáticas tentan superar as diferencias de criterio sobre o problema ambiental e calmar as protestas que veciños e Intendentes (Alcaldes) da ribeira arxentina do rio Uruguai expuxeron diante autoridades reunidas no Cumio do Grupo de Río que levaba adiante as deliberacións nun hotel da localidade de Pilar (Arxentina)

O encontro bilateral tivo unha duración dunha hora e ámbolos dous Chanceleres dialogaron coa prensa para comentar o comunicado conxunto. O Chanceler Bielsa dixo que "solucionar este tema dun xeito maduro proba o tipo de relación (arxentino-uruguaia)". Pola súa banda, o Chanceler Gargano dixo que "o diferendo, na súa última instancia, vaise resolver no Banco Mundial e alí rematará este problema".

A arte das relacións oficiais entre países, chamada diplomacia, tivo unha expresión tipica no comunicado bilateral. Os negocios de Estado, das empresas intervintes e dos organismos internacionáis darán cores a este comunicado. O medio ambiente non sempre contará con toda a paleta para defender a súa base natural. O tempo confirmará os agoiros ou verá medrar unha industria limpa e respetuosa do medio ambiente.


0/5 (0 votos)