Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
INTERNET SEN FÍOS

Playstation 3, máis potente que un ordenador convencional

Sony quere revolucionar o mundo das videoconsolas coa súa nova PS3 que chegará ó mercado ó longo do próximo ano. Sony, precisou que esta nova videoconsola será 35 veces máis potente que o seu actual modelo PS2 e máis potente que un PC convencional.

- 09:21 12/07/2005
Tags:

O corazón da PS3 será un procesador de última xeración 3,2Ghz baseado na arquitectura Power PC e fabricado por IBM. Disporá dunha memoria de 256MB de RAM que comunicará coa XDR RAM a unha velocidade superior ós 50GB por segundo moi superior á que ofrecen os ordenadores actuais.

Con conexión inalambrica Bluetooth permitirá ata un máximo de sete mandos de xogos ou outros dispositivos inalámbricos.

O seu chip grafico de Nvidia, o RSX, terá un rendemento semellante ó das tarxetas gráficas 6800 ultra.

A consola será compatible cos formatos de discos DVD±R/W, CD-R/RW e Blu-Ray.


0/5 (0 votos)