Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
INCLUIRÁ A DIXITALIZACIÓN DOS FONDOS DO CENTRO

Preséntase a web do pazo-museo de Castrelos

O museo municipal Quiñones de León estrea a páxina web www.museodevigo.org con información do pazo de Castrelos e das exposicións e actividades que organiza. Para o concelleiro de Cultura de Vigo, Ignacio López-Chaves, "é necesario divulgar con instrumentos telemáticos este museo, o primeiro da cidade pola súa historia e o máis querido polos vigueses".

- 15:48 09/06/2005
Tags:

O director do museo, Pepe Ballesta, asegurou que esta páxina web, "a máis completa sobre un pazo galego", explica como chegar ao centro e os servizos dos que dispón o visitante. "Cóntase a historia do pazo, descríbense a súa arquitectura, os seus interiores e os seus xardíns, faise unha relación dos seus cadros e das súas pezas de cerámica e ofrécese a posibilidade de realizar unha visita guiada, polo momento, a través de imaxes fotográficas, pero proximamente tamén mediante vídeos", sinalou.

Os contidos da web ampliaranse coa futura introdución da totalidade dos fondos do museo, con fichas técnicas que dean conta das características de cada obra, e a tradución ao inglés.


0/5 (0 votos)