Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
LINGUAS EUROPEAS

Catro linguas máis pequenas có galego, na final de Eurovisión

O Festival da canción de Eurovisión, que desputa a súa edición de 2005 en Quiev, volveu deixar fóra da final a lingua catalá. A belga Marian van del Wal, cantando neste idioma e representando a Andorra, non puido coller praza na gran final do sábado, onde se enfrontarán vinte cadeas de televisión europeas. Tampouco estará Portugal, tamén eliminada, nin ningunha outra lingua minorizada, pero si catro televisións con linguas con menos falantes có galego: o moldavo, o letón, o maltés e o macedonio. A RTVE volveu mandar un grupo representante que, ademais das súas polémicas letras machistas, se expresa unicamente en castelán.
Comentarios sobre Eurovisión 2005, no blog portugués do Renas e Veados ou na web luguesa Eurovisión existe, en castelán.
Información sobre a participación andorrá en Vilaweb
Dosier de Vieiros: Verónica Codesal, a única galega en Eurovisión
Uxía quedou terceira no Liet, a eurovisión das linguas minorizadas.

- 12:40 20/05/2005
Tags:


0/5 (0 votos)