Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REXEITA A APELACIÓN DO GOBERNO TURCO

O Tribunal de Estrasburgo di que o líder curdo Abdulah Ocalan non tivo un xuízo xusto

"Non foi xulgado por un tribunal independente e imparcial", sentenciou a Corte de Dereitos Humanos de Estrasburgo nun comunicado que vén de facerse público. O Tribunal internacional, que depende do Consello de Europa, organismo que inclúe a Turquía e que fai por iso vinculante a súa decisión para o país, resolve así a apelación que o goberno turco realizara hai dous anos. A presión da UE xa conseguira anteriormente a retirada da pena de morte para Ocalan, que foi condeado logo a cadea perpetua.

- 11:34 12/05/2005
Tags:

Ábrese así unha posibilidade para a repetición do xuízo ao que foi responsábel durante anos do Partido dos Traballadores do Curdistán, e que o goberno turco desexa evitar a toda costa. Ao respecto, en declaracións recollidas pola BBC, membros do partido gobernante xa se pronunciaron publicamente sobre a sentenza, subliñando que en ningún caso se producirá a liberación de Ocalan, ao que lle atribúen a responsabilidade das mortes na guerra non declarada entre o exército turco e os curdos.

Na súa sentenza, o Tribunal de Dereitos Humanos critica as restriccións ao contacto do acusado cos seus avogados, os obstáculos a estes para a consulta dalgúns documentos, denuncia a presencia dun xuíz militar e sinala tamén o "trato inhumano" recibido por Abdulah Ocalan durante o proceso, dende a súa propia detención en Quenia polos servizos secretos turcos ata o cárcere na illa onde foi confinado.

La conmutación de la pena capital a Ocalan se produjo en octubre pasado, meses después de que el Parlamento turco aboliera la condena a muerte en tiempos de paz, dentro de los intentos de Ankara por cumplir los criterios de la Unión Europea para facilitar su ingreso.


Ligazóns

0/5 (0 votos)