Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PRESENTACIÓN DO PROXECTO

Brinquedia arrinca cos Encontros escolares de xogos tradicionais

A Rede galega do xogo tradicional, Brinquedia, anunciou a convocatoria dos Encontros escolares de xogos tradicionais, que servirán de apoio á candidatura ante a Unesco do patrimonio inmaterial galego-portugués como obra mestra da humanidade.

- 09:18 12/05/2005
Tags:

Esta rede, que agrupa a todas aquelas entidades e persoas que pivotan arredor dos xogos tradicionais, cumpriu un ano con varios actos organizados en distintos puntos do país como en Melide, onde se redactou o documento fundacional, A Capela, onde se xestaron os Encontros escolares, Pontedeume, ou Riotorto, onde se constituiu a asemblea fundacional de Brinquedia.

Lois Pardo, voceiro do colectivo, explicou que a rede naceu tras a constatación da aparición de clubes, asociacións, empresas, centros de ensino e iniciativas particulares interesados ben na recuperación das prácticas lúdicas tradicionais en xeral, ben dunha modalidade específica. "O traballo de todas estas entidades, sendo enormemente meritorio, o certo é que non deixou de constituír en todo este tempo un labor isolado, sen que exista relación, intercambio de experiencias e, en definitiva, colaboración entre unhas e outras iniciativas", indicou Lois Pardo.


Ligazóns

5/5 (1 votos)