Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DESIGUALDADES NAS PEAXES

A Deputación de Pontevedra reclama unha tarifa plana para a autoestrada AP-9

O pleno da Deputación de Pontevedra aprobou, por unanimidade, unha moción que reclama do Goberno central unha tarifa plana na autoestrada AP-9 para establecer o mesmo prezo por quilómetro en cualquera dos tramos.

- 16:14 30/03/2005
Tags:

"Cremos que o Goberno debe definir un modelo para todo o territorio nacional que non cree desigualdades e libere a outras administracións públicas dos investimentos que están realizando para reducir esa discriminación", sinala o escrito defendido polo alcalde de Cangas, Enrique Sotelo. Neste sentido, o deputado César Mosquera lembrou que "xa se aprobara con anterioridade unha proposición non de lei presentada polo BNG no Congreso, cos votos en contra do PP, que mudou de postura dende que está na oposición, cando antes rexeitaba este posicionamento".

O texto da moción, que reclama tamén a liberalización da peaxe en Rande, coa inclusión dunha emenda para que se incluíse a saída de Redondela, recorda que se cumpliu o prazo de seis meses que o Congreso lle deu ao Goberno para liberar este tramo, estudar alternativas que integren territorialmente a área Vigo-Pontevedra e establecer peaxes equitativas.

Pola súa parte, a Plataforma pola supresión da peaxe de Rande emitiu un comunicado no reclama que se deixe de utilizar electoralmente o tema da peaxe e que se cumplan os acordos adoptados.


Ligazóns

0/5 (0 votos)