Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
CERTAMES UVIGO

Convocan o X Premio Xornalístico 'Manuel Reimóndez Portela'

A Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada é a encargada de convocar a décima edición do Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela, que ten por obxectivo contribuír ao fomento e á difusión da lectura. O galardón concederáselle ao mellor traballo ou serie de traballos (cinco como máximo) sobre a lectura, publicados en lingua galega en calquera dos medios escritos. Os traballos poden presentarse ata o 30 de xullo deste ano e a dotación económica do premio será de 1.500 euros.

- 08:56 23/03/2005
Tags:


0/5 (0 votos)