Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
DENUNCIA DE AMIGOS DA TERRA

Multan o Concello de Muíños por organizar unha chega de bois

A consellaría de Medio Ambiente impúxolle unha multa ao concello de Muíños de 600 euros por organizar unha chega de bois o ano pasado sen o permiso da Xunta. O expediente sancionador abriuse a partir das denuncias presentadas polo colectivo Amigos da Terra que considera que as loitas entre bois "vulneran os dereitos dos animais e entreñan un risco para a súa integridade física".

- 12:12 16/02/2005
Tags:

O expediente sancionador orixinado pola queixa de Amigos da Terra constata como probados que a organización celebrou o espectáculo, que supón o enfrontamento de dous animais nunha pelexa, carecendo da preceptiva autorización da Consellería de Medio Ambiente; que o espectáculo celebrouse nun campo de fútbol que non reunía s medidas de seguridade esixidas no artigo 61 Decreto 153/1998, co conseguinte risco para os espectadores; e que non esta presente un veterinario, tal e como sería esixible. Así pois considerase probado que o organizador, D. Alejandro Castro Vaamonde, nalquel momento Alcalde en funcións do Concello de Muíños, vulnerou varios artigos da citada Lei o que constitúe unha infracción grave. Por esta razón, o Concello foi sancionado cunha multa de 600,00 (a lei prevé para a infracción grave entre 300 e 3.000 ).

Amigos da Terra presentará un recurso a dita resolución, dado que considera que tamén sería vulnerado o artigo 22.1.b que establece como infracción moi grave a "organización e celebración de espectáculos, pelexas ou outras actividades con animais que impliquen crueldade ou maltrato ou poidan ocasionarlles sufrimentos". O colectivo considera que os feitos concordan co exposto neste punto e polo tanto solicita unha revisión á alza da sanción.


0/5 (0 votos)