Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PEAXES E TRAZADO DE AUTOESTRADAS

Admítese a trámite o recurso para rebaixar a peaxe en Lalín

A Audiencia nacional admitiu a trámite o recurso contencioso administrativo presentado polo Concello de Lalín contra o Ministerio de Fomento por considerar abusivo que os usuarios que entren ou saian da autoestrada AP-53 no parque empresarial Lalín 2000 deban aboar a peaxe ata o Alto de San Domingos, en Dozón, con independencia dos quilómetros que percorresen.

- 10:00 16/02/2005
Tags:

Esta é unha das medidas emprendidas dende o Goberno municipal de Lalín de cara a conseguir unha rebaixa da peaxe da AP-53 para o traxecto de 46,6 quilómetros entre Lalín e Santiago, que ten un prezo de 4,50 euros.

Entre outras accións, está previsto un encontro que se celebrará o 8 de marzo en Lalín co obxectivo de implicar a colectivos comarcais e autonómicos na necesidade de que se rebaixe esta peaxe. Nesta xornada estarán representantes da Asociación de Empresarios de Deza, do Centro Comercial Urbano Quilómetro Cero, sindicatos, deputacións, cámaras de comercio, da Asociación de Consumidores Galegos, da Federación Galega de Transporte e deputados parlamentarios do PP, PSOE e BNG. Dirixiranse tamén aos concellos afectados polo trazado para conseguir acordos plenarios de apoio.


0/5 (0 votos)