Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Valdeorras

Edición xestionada por Gustavo Docampo
RSS de Valdeorras
INSPECCIÓNS DAS INSTALACIÓNS

Detectadas irregularidades nas condicións de traballo en varias louseiras

Inspeccións realizadas, a petición de CC.OO., por persoal técnico da dirección xeral de Industria e Minas, deron como resultado irregularidades nas instalacións de varias empresas, que atinxen a cuestións como a falta de duchas e aseos, malas condicións hixiénico-sanitarias, ausencia de calefacción e aire acondicionado e problemas coas saídas de emerxencia.

- 23:04 01/02/2005
Tags:

O sindicato de CC.OO., que tiña denunciado estas deficiencias en varias ocasións, aprecia lentitude na reacción de Industria ás súas demandas. Das 14 empresas investigadas a metade delas incumpre algunha norma de carácter hixiénico ou de seguridade nas súas instalacións.

Industria enviará ás empresas infractoras as actas levantadas, fixará os prazos para que estas anomalías sexan resoltas e proseguirá a inspección por todos os demais centros de traballo do sector na comarca.


0/5 (0 votos)