Nunha entrevista sorpresa na canle en castelán da TV pública vasca (ETB2), o lehendakari Juan José Ibarretxe foi inquirido onte en directo por dous dos principais presentadores de informativos da casa.
Un dos puntos máis salientables da entrevista foi a comparación que fixo Ibarretxe co referéndum que se fixo no 2002 en Xibraltar. Para el foi un claro exemplo de cómo unha consulta popular (que nunca pode ser ilegal, segundo expresou cunha exclamación contundente: "¡Cómo puede ser ilegal consultar a la ciudadanía!") aínda que non teña un recoñecemento xurídico -e polo tanto unha trasformación imediata nunha norma xurídica-, pode ter consecuencias -e polo tanto unha validez- de tipo político. No caso de Xibraltar fixo, segundo explicou, que tanto España como o Reino Unido modificaran a súa postura acerca do futuro da colonia.
Así pois, amosou a súa determinación a celebrar a consulta buscando ese respaldo político se o Parlamento Español dá portazo á negociación do Plan de Anovación do Estatuto da Comunidade Autónoma Vasca.
Máis información sobre o referéndum no web do Goberno de Xibraltar (en inglés).