Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Fraga veu a Vigo "quentar a casa"

O Presidente da Xunta e mailo PP, Manuel Fraga, asegurou onte non ter pensado tomar ningunha medida disciplinaria tra-la situación de crise xerada no PP vigués. Fraga dixo tamén co xantar do domingo foi só unha cita ofrecida por un dos seus amigos, Jaime González, para inaugurar a súa residencia, o que segundo el, os ingleses denominan "unha xuntanza para quentar a casa".

- 00:41 09/03/1999
Tags:

Manuel Fraga, xustificou así a ausencia neste xantar de Manuel Pérez, e deu a razón a Xosé Cuiña, cando se referiu a esta xuntanza como "un xantar entre amigos". O Presidente da Xunta asegurou ca súa relación con Pérez é, a normal entre as persoas ben educadas e da misma provincia, en alusión a que ambos son da provincia de Lugo. Insistiu así mismo en que a equipa municipal de Pérez, aínda que se pode mellorar conta co seu apoio e que o PP xa decidiu, como partido, ó será o seu candidato, é dicir, Juan Corral e que, o vindeiro 13 de xuño o decidirán tamén os vigueses. Dase a curiosa circunstancia de que o chalet onde tivo lugar o xantar, non conta coa licencia de primeira ocupación pero, este punto é só anecdótico, xa que as irregularidades urbanísticas parecen perseguir ós novos candidatos da lista popular. Pola súa banda e, alleo á visita, neste caso particular, de Fraga, o alcalde Manuel Pérez tiña a este convidado para o acompañar á clausura do Certame da Camelia. Como xa imaxinan os nosos lectores, Fraga disculpou a súa presencia. Outro tema que ten preocupado a Manuel Pérez e tamén a gran número de vigueses, o Pxou, segue o seu decurso e para o venres, si Cuiña non intervén, terá lugar por fin a xuntanza da Comisión de Seguemento do Plano. Esta nova data foi solicitada por diversas entidades que desexan estudiar máis polo miúdo as modificacións levadas a cabo. O Colexio de Arquitectos, a Asociación de Empresarios da Construcción e mailos sindicatos, poderían estar dacordo cos trocos efectuados neste Pxou.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: