Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE NO PPdeG

Palmou non demite porque se sente "respaldado polo partido"

O secretario xeral do PPdeG, Xesús Palmou, anunciou esta mañá que "non é necesario que tome ningunha decisión" porque se sente "respaldado polo partido". Palmou mostrouse disposto "a seguir traballando no PP e na Xunta" e asegurou que tras a reunión que mantivo onte Fraga con Mariano Rajoy "quedou totalmente resolto o problema que se formulara no partido". A súa dignidade, que onte invocou para xustificar a súa proposta de demisión, xa non está daquela en perigo. O conselleiro de Xustiza fixo estas declaracións tras unha xuntanza co presidente da Xunta esta mañá en San Caetano. Esta tarde reúnese o Comité Executivo do PPdeG onde se confirmará a Palmou como secretario xeral. Ao remate da xuntanza está prevista unha rolda de prensa de Fraga e o propio Palmou.

  • Anteriores: Rajoy evita a demisión de Palmou

  • - 10:15 03/11/2004
    Tags:


    0/5 (0 votos)