Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
"O SANGUE DO CÓNDOR" ABRE A TEMPADA 2004/2005

Nova programación do Cineclube Compostela

O filme boliviano O Sangue do Cóndor e a curtametraxe cubana Now abrirán o martes 26 de outubro a nova programación do Cineclube Compostela. As proxeccións realizaranse no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación todos os mércores (fóra a sesión de presentación do martes) e constarán de dúas sesións ľa primeira ás 20:00 e unha segunda ás 22:30.

- 11:16 25/10/2004
Tags:

O Cineclube Compostela combirará na nova tempada os filmes en formato cinema con proxeccións gratuítas en vídeo e dvd de películas que fican fóra dos circuitos de distribución e permanecen de acceso complicado para a súa localización. Esperan deste xeito introducir na programación filmes soviéticos (Dziga Vertov, Eisenstein, Pudovkin,...) desaparecidos da circulación en cinema, un ciclo de cinema e loita obreira con "Unha pola outra" Coup pour coup(Marin Karmitz), "O sal da terra" (Herbert J. Biberman) ou "Condado de Harlan", EUA (Barbara Kopple) e traballos de países máis ás beiras do mercado: a India, Bolivia, Arxentina, Cuba, Xapón, Burkina Fasso.

O martes 26 de outono comezarase coa proxección do filme boliviano "O sangue do cóndor", de Jorge Sanjinés, segunda longametraxe do director (autor do libro Jorge Sanjinés e o grupo Ukamau: Teoría e práctica dun cinema xunta o pobo) que relata a loita revolucionaria do pobo indíxena na súa resistencia contra o imperialismo ianque.

Antes do filme proxectarase tamén a curtametraxe cubana "Now", realizada polo documentalista Santiago Álvarez, responsábel principal do Instituto Cubano de Arte e Industria Cinematográfica (ICAIC) nos primeiros anos da Revolución. O filme é unha denuncia da discriminación racial que sofre a comunidade afroamericana nos EUA.

Neste curso, o Cineclube Compostela conta de reducir os prezos das entradas até 2 euros por filme e 1 euro no caso dos estudantes e parados/as. Os socios seguirán a ter as entradas de balde.


0/5 (0 votos)