Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REFORMAS A MEDIDA

Putin aproveita a matanza de Beslán para amarrar máis poderes

Coa excusa de "garantir a unidade do país fronte ao terrorismo", o presidente ruso botou adiante un golpe de reformas políticas que na práctica reforzarán os seus propios poderes. A oposición acusa a Putin de "corrupto" e advirte que os cambios "non teñen nada que ver coa seguridade" e recurtan os dereitos e liberdades dos cidadáns.

- 06:45 14/09/2004
Tags:

Os gobernadores e presidentes locais deixarán de ser escollidos por sufraxio directo na Federación rusa e ao tempo, suprímese a elección da metade dos deputados en circunscripcións uninominais, cancelas aos partidos máis pequenos para acceder ao Parlamento así coma maiores obstáculos para a entrada na Duma de deputados independentes... Deste xeito, os xefes de repúblicas, rexións e cidades con rango federal serán propostos directamente por Vladimir Putin.

"Penso que o factor máis importante para reforzar o Estado é a unidade do sistema do poder executivo. Debe funcionar coma un só mecanismo", dixo Putin na súa insistencia a prol dun "Estado forte".

Dende a oposición denúnciase a volta a "un sistema soviético de poder único" coa obstaculización aos cidadáns de escoller os seus representantes. Ao respecto pronunciouse entre outros o ex presidente Mijail Gorbachov, quen cualificou as medidas anunciadas por Putin de "anticonstitucionais" e avisou que "Rusia aínda non ten partidos políticos desenvolvidos abondo e precisa de leis que creen as condicións para que os partidos poidan funcionar".


Ligazóns

0/5 (0 votos)