Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POLÍTICA FORESTAL

Quintana reta a Fraga a un debate televisado sobre incendios

O portavoz Nacional do BNG, Anxo Quintana, retou hoxe o presidente da Xunta, Manuel Fraga, a manter un debate público na TVG para explicaren as súas propostas na loita contra incendios, así como as políticas en materia forestal e de recuperación de terras queimadas. Quintana asegurou estar disposto a "aceptar as condicións" que propoña a Xunta para levar a cabo o debate, sempre que se desenvolva en horario de máxima audiencia e que sirva para "contrastar, sen censuras, os datos sobre superficie queimada real".

- 07:30 13/08/2004
Tags:

"Penso que sería o cenario adecuado para dar a cara ante a cidadanía, un debate nun medio de comunicación público, en horario de máxima audiencia, no que contrastar, sen censuras, datos sobre a superficie queimada real, para avaliar as responsabilidades políticas e para expor as diferentes políticas de como debe abordarse o problema", argumentou o voceiro nacional do Bloque.

Para o líder nacionalista é necesario que Fraga explique que foi da súa promesa de "acabar cos incendios en seis meses" expresada na súa chegada oa Goberno galego. "15 anos despois o balance é outro moi distinto: 400.000 hectáreas queimadas pese aos máis de 600 millóns de euros adicados a extinción". Quintana pídelle a Fraga que "deixe de agocharse detrás do seu silencio e da figura do conselleiro de Medio Ambiente, convertido en sinónimo de desgoberno e de incompetencia".


0/5 (0 votos)