Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OBXECTIVO: BOTAR A BUSH DA CASA BRANCA

Estréase "Farenheit 9/11", o filme anti-Bush de Michael Moore

Os cinemas galegos estrean esta tarde Fahrenheit 9/11, o último flim de Michael Moore que conseguiu a Palma de Ouro en Cannes. Despois de pasar arrasando polas salas de Estados Unidos, Francia e Reino Unido, os espectadores galegos teñen a oportunidade de coñecer as conexións financeiras entre a familia Bush e a de Bin Laden, as manobras do goberno estadounidense para enviar aos familiares do líder de Al-Qaeda de volta a Arabia Saudí pouco despois dos atentandos do 11-S, as declaracións de soldados norteamericanos contrarios á guerra de Iraq e toda unha serie de argumentos expostos cun só obxectivo: botar a Bush da Casa Branca. Lembren que o propio Michael Moore anima os internautas a descargar o film desde a súa web.

- 08:24 23/07/2004
Tags:


0/5 (0 votos)