Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
150 ANIVERSARIO DO NACEMENTO

Os matemáticos lembran a Durán Loriga

A Asociación Galega de Profesores de Matemáticas e a Biblioteca Municipal de Estudios Locais colaboran nas actividades de homenaxe a Juan Jacobo Durán Loriga.

- 09:42 18/06/2004
Tags:

Unha exposición na Casa da Cultura Salvador de Madariaga, na rúa que leva o nome do matemático, estará aberta deica o próximo 27 de xuño. ‘Durán Loriga e a matemática do seu tempo’ é o título da conferencia que ten lugar o 18 de xuño ás 20h. no local da Biblioteca, no mesmo enderezo, a cargo de Mariano Hormigón Blánquez, director da revista Llul, da Sociedade Española de Historia das Ciencias e das Técnicas.

Tamén se aproveitará para facer mención especial de Ricardo Mariño Caruncho, matemático coruñés, autor de "Estudo xenealóxico sobre Durán Loriga" e "Notas sobre Juan Jacobo Durán Loriga", impulsor dun interese renovado por este emblemático matemático coruñés.


0/5 (0 votos)