Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Expertos matemáticos, en Lugo por mor das JAEM

As Xornadas de Aprendizaxe e Ensino das Matemáticas chegan á súa novena edición coa participación de recoñecidos científicos e unha mostra no Museo.

- 17:18 10/09/1999
Tags:

A Medida e o Cálculo no Tempo é o título da exposición que acolle o Museo Provincial no marco das JAEM. Unha curiosísima mostra de artefectos históricos cós que o home tratou de coñecer mellor a súa realidade.

Os reloxos de sol, os diferentes metros, anemómetros antiguos e modernos, así como as ferramentas de cálculo dende a antigüedade chamarán a atención dos expertos e dos curiosos.

Estas novenas xornadas celébranse en Veterinaria, onde asisten máis de 400 expertos, pero os organizadores tentaron ademáis abrir o mundo da ciencia á infancia e á cidadanía en xeral, tanto coa exposición do Museo coma con sesións lúdicas, coma a celebrada onte na Praza Maior, onde se estableceron diversos xogos nos que o cálculo ten un papel importante, buscando a participación dos cativos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: