Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
LINGUA E NOVAS TECNOLOXÍAS

Preséntase o adaptador de Windows ao galego

O presidente da Xunta, Manuel Fraga, presentou o arquivo adaptador de Windows XP ao galego e o corrector 2.mil3 para Office, con semanas de demora con respecto ás datas previstas. Manuel Fraga afirmou durante o acto que a presenza do galego no ámbito das novas tecnoloxías da información e da comunicación "condiciona definitivamente o seu futuro".

- 11:31 15/07/2004
Tags:

O adaptador para Windows XP é un arquivo descargábel que transforma os menús e funcións do sistema operativo Windows XP en castelán á súa versión en galego. O sistema só se distribuirá en Galiza en castelán, e o arquivo (o lip.exe) deberase descargar posteriomente da web de Microsoft. Este pequeno arquivo xa foi desenvolvido para outras linguas minorizadas, coma o catalán ou o nynorsk ou noruegués da aldea.

Pola súa parte, o corrector para as aplicacións ofimáticas de Office é unha actualización do xa existente 2mil. Desenvolvido pola empresa Imaxín, inclúe as actualizacións normativas do pasado ano e unha ampliación de léxico. Imaxin tamén desenvolveu o adaptador de XP.

O presidente da Xunta reiterou que ningún idioma pode permanecer alleo ás posibilidades de comunicación que os tempos van ofrecendo en cada momento. Na medida en que o galego sexa utilizado nestes novos modos de comunicación "a nosa lingua milenaria poderá seguir sendo vehículo de expresión da nosa historia e tamén do noso porvir", concluíu o titular do Goberno. A Xunta chegou con Microsoft a un acordo para a tradución do lip.exe a cambio do asesoramento lingüístico.


Ligazóns

0/5 (0 votos)