Vieiros

Vieiros de meu Perfil


O Morrazo

RSS de O Morrazo
OPINIÓN

Audasa mantén o tramo da AP-9 en deficiente estado

"Vivo en Cangas do Morrazo, na área metropolitana da cidade de Vigo. A miaoría da poboación dos concellos da comarca do Morrazo, está obrigada a desprazarse a Vigo, por traballo, estudios, xestións administrativas ou para recibir asistencia médica. Para acceder a Vigo é necesario cruzar a ría e para iso dispoñemos dun tramo duns 5 quilómetros de autoestrada de peaxe. É a AP-9, da empresa Audasa, que consta da Ponte de Rande que cruza a ría de Vigo e un tramo duns 5 quilómetros que finaliza no centro urbano".

- 10:19 07/06/2004
Tags:

"Neste tramo inclúense unha ducia de entradas e saídas á autoestrada e varios túneles; esta vía ten 2 carrís por sentido da circulación e carece de beirarrúa. Ata hai uns días todo este tramo de autoestrada estaba iluminado con alumeado, pero unha incrible decisión tomada polos directivos da empresa, co obxectivo de reducir custos (nun tramo que é o máis rendible de todos os da AP-9) a compañía decidiu non acender o alumeado pola noite.

Estes señores están xogando coa nosa seguridade, ou mellor dito, coas vidas de todos os usuarios que pagan por utilizar unha vía supostamente dunha calidade superior ao resto. Pero como dixen antes, supostamente mellor, porque a estes señores o único que lles debe importar é reducir custos, para aumentar beneficios, pois calquera usuario habitual desta vía, con continuas e sinuosas curvas, pode observar día tras día como se van acumulando os restos de accidentes (no hai un día no que non suceda un), materiais perdidos por camións e vehículos, día tras día, sen que sexan retirados da vía. Día tras día observamos como o estado do firme empeora, con múltiples fochancas e zonas co firme en diferentes niveis.

Actualmente a ponte de Rande está en obras e o firme non está en boas condicións, e os días de chuvia acumúlanse bolsas de auga. Ata hai uns días, canda menos tiñamos a axuda do alumeado para axudarnos a non deixar a vida nesta vía, pero o señor "Don Diñeiro" fixo que non se acenda o alumeado, polo que pagamos cando se nos cobra na Peaxe, lugar no que curiosamente non se aplicou a nova medida, e posúen un bo alumeado, que nos lembra que temos que pagar por utilizar esta "marabillosa" autoestrada. Despois resulta que pedimos o libro de reclamacións e o cobrador da cabina da peaxe dinos que carecen del, e que vaiamos en horario de oficina.

Realmente opino que isto é unha auténtica vergoña, un atentado contra a seguridade vial; nestes días que se fala tanto dos accidentes de tráfico e das medidas para prevelos, van estes señores e sorpréndennos con esta medida".

Gonzalo Ortiz


0/5 (0 votos)