Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
LEXICOGRAFÍA

A USC presenta unha nova ferramenta de busca terminolóxica

O bUSCatermos é unha ferramenta de procura que integra o traballo de dicionarios e vocabularios galegos xa existentes, e mais as propostas elaboradas polo SNL durante estes anos de andaina para solucionar dúbidas concretas, xurdidas de consultas ou de traballos de asesoramento lingüístico.O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago leva anos á vangarda do traballo lexicográfico sobre o galego. Dende os primeiros catálogos específicos de termos para unha área concreta do coñecemento, ata unha recente lista de distribución e debate, o Lexiterm. Agora presentan o bUSCatermos, unha ferramenta de procura terminolóxica.

- 08:07 11/05/2004
Tags:

O bUSCatermos é unha ferramenta de procura que integra o traballo de dicionarios e vocabularios galegos xa existentes, e mais as propostas elaboradas polo SNL durante estes anos de andaina para solucionar dúbidas concretas, xurdidas de consultas ou de traballos de asesoramento lingüístico. Tamén permite consultar unha base de datos de terminoloxía multilingüe, que aínda que se centra no galego, recolle léxico en castelán, inglés, portugués, francés, italiano, alemán e catalán.

Este corpus de consulta está en continuo proceso de actualización, tanto porque novos materiais entran formar parte del, como porque se reorganizan e reelaboran os xa existentes. Para dar unha idea, agora a base de datos está formada por máis de 90.000 entradas, con información sobre o termo galego recomendado e termos equivalentes ata en oito linguas, a fiabilidade do termo galego, as fontes documentais ou a área temática.

bUSCatermos é unha ferramenta desenvolvida pola Área de Terminoloxía do Servizo de Normalización, e implementada no web polos técnicos da Área de TIC do Campus de Lugo. Esta importante aposta lexicográfica só estará dispoñíbel para usuarios da universidade compostelá.


Ligazóns

0/5 (0 votos)