Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
LINGUAS EUROPEAS

O irlandés achégase á oficialidade na Unión

A campaña para que o irlandés sexa recoñecido como lingua oficial e de traballo na UE está conseguindo de máis en máis repercusión. Un dos argumentos que xogan ao seu prol é a presidencia irlandesa da Unión durante este semestre e que a ampliación de maio provocará tamén un aumento doutras nove novas linguas oficiais.

- 09:01 26/03/2004
Tags:

Pola contra, o [A HREF='http://www.taoiseach.gov.ie/index.asp' target='blank'>Taoiseach</A> (primeiro ministro), Bertie Ahern di que é a súa vontade favorecer unha mellor situación para a lingua irlandesa, pero que existen moitas dificultades prácticas para a súa oficialización na UE. O ministro de asuntos exteriores irlandés, Brian Cowen, dixo que o Goberno "está á espreita" nesta cuestión. Sen embargo, amosouse precavido, pois non quere que o goberno irlandés propoña medidas durante a súa presidencia que non lle gustase que presentasen outros gobernos, en referencia a que outras linguas minorizadas tamén procurasen esa mesma oficialidade.

Na procura de solucións prácticas e sostíbeis o goberno irlandés designou un grupo interdepartamental para examinar distintas opcións. Este comité presentará un informe á Comisión nos vindeiros meses para a unha mellora de situación do irlandés nas institucións europeas. Ao mesmo tempo estanse tomando medidas para a mellora da situación do irlandés no interior da illa. A Lei de Linguas Oficiais de 2003 fixou como meta garantir que os servizos públicos irlandeses funcionan tanto en gaélico coma en inglés. E a <A HREF="http://www.irlgov.ie/aras/default.htm" target="blank">presidenta Mary McAleese</A> designou un comisionado para garantir o cumprimento desta lexislación.

Polo momento, o irlandés é unha lingua do Tratado, isto é, só se traducen a el os escritos finais, pero non así os asuntos cotiáns. Se trocase o seu estado polo de lingua oficial, todos os documentos de traballo deberían traducirse ao irlandés, así como todas as disposicións legais, e nos debates tanto o persoal laboral como os funcionarios poderían empregar o irlandés, co que sería necesario un corpo de intérpretes específico.

Outros beneficios do irlandés que non ten o galego, por exemplo: calquera cidadán pode escribir unha pregunta ou comentario a calquera institución da UE e ter garantida unha resposta en irlandés. Por outra parte, calquera irlandes-falante pode consignar este feito como un valor a ter en conta no seu currículo para buscar traballo nas institucións europeas.


Ligazóns

0/5 (0 votos)