Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DESMINTEN QUE UN TERRORISTA MORRESE NO MASACRE

11M: tirando do fío de Al Qaeda

O ministerio de Interior anunciou a próxima reunión de expertos antiterroristas de varios países para intercambiar información, coordinar as investigacións e planificar estratexias de seguridade conxuntas. A identificación do presunto voceiro europeo da rede Al Qaeda, que aparece no vídeo onde se reivindican os atentados, e a determinación do grao de responsabilidade nos ataques dos cinco detidos son as prioridades policiais agora mesmo.

- 09:08 16/03/2004
Tags:

A clave podería ser o marroquí Iamal Zougam, investigado no seu día en relación ao 11S, a quen se relaciona cos atentados de Casabranca e que tería sido identificado por unha testemuña dun dos trens. Zougam é unha das cinco persoas que permanecen detidas polo seu vencello co ataque, logo de seguir o rastro dos teléfonos móbiles usados na construcción dos artefactos explosivos. A policía considera que alomenos outras cinco persoas poderían estar directamente implicadas na colocación das bombas.

Zougam fora investigado a petición das autoridades francesas dentro do proceso posterior aos atentados do 11 de setembro en Nova York. Xa residente en Madrid daquela, no rexistro do seu domicilio foran atopados os números de teléfono de contacto de diversos membros da presunta rede de Al Qaeda en España, ademais de material diversos sobre conflictos islámicos e un vídeo cunha entrevista a Osama ben Laden. Malia isto non foi detido.

Recomendámoslles ampliar nos diarios Le Monde e El País e na web da Cadena Ser.


0/5 (0 votos)