Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O MINISTERIO DESMENTE QUE RECIBISE CHAMADA DUN GRUPO ISLAMISTA

Otegi atribúelles o atentado a terroristas árabes

O Ministerio do Interior negou que recibise comunicación dun grupo islámico reivindicando a autoría dos atentados. O propio ministro Acebes, malia non confirmar nada ata que haxa datos concretos da investigación do material usado, recoñeceu que todo apunta á responsabilidade de ETA. Por outro lado, o voceiro da ilegalizada Batasuna, Arnaldo Otegi, declarou a unha emisora de Donosti que non pensa "nin coma hipótese" que as bombas fosen postas por ETA, e aventurou a posibilidade de que por detrás do ataque estean "sectores da resistencia árabe". Otegi amosou un "absoluto rexeitamento" ao atentado e a súa "solidariedade coas vítimas". O xornal Gara nega as teorías do ministerio.

- 13:26 11/03/2004
Tags:

"ETA sempre avisou da colocación de explosivos", dixo Otegi, "non hai que esquecer que o Estado español participou na guerra de Iraq".

Na mesma rolda de prensa e acompañado por outros representantes da esquerda abertzale, o grupo declarou a súa "solidariedade co pobo madrileño e co conxunto de víctimas" cualificando de "masacre" o acontecido e subliñando "o absoluto rexeitamento a calquera acción indiscriminada contra a poboación civil".


0/5 (0 votos)