Despois da resaca europea de Marsella, os de Vítor Fernández teñen que collerlle o pulso á liga nun momento difícil polas lesións. O xogo do equipo tampouco parece o mellor e tan só coa presencia de Mostovoi na cancha os olívicos parecen o equipo que asombraron na liga española.
Jordi Cruyff, Berges e Makelele son xogadores fundamentais no esquema Celtiña e podería ser que se recupere algún para o partido do domingo. Balaídos segue a ser decisorio nos partidos do Celta en calquera competición. O Betis de Javier Clemente ven de gañar ó Madrid e de seguro plantexará un partido moi defensivo. As cámaras de televisión, recollerán o partido en directo para comprobar e estado de forma actual do Celta.