Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

A Ford colaboraba con Auschwitz

A compañía de coches Ford atópase entre as que usaban a man de obra dos escravos do campo de concentración de Auschwitz durante a II Guerra Mundial. Así o revela un documento dos nazis feito público agora. Nel ofrécese unha lista dunhas catrocentas empresas que colaboraron cos nazis para faceren negocios no campo de concentración polaco. Entre elas tamén se atopan Siemens ou IG Farben , empresas que nos últimos anos aportaron grandes cifras para axudar ás víctimas do holocausto. A BBC proporciona máis información sobre este tema. Por outra banda, os fillos e os netos do holocausto están de sorte, xa que compañía estadounidense Avotaynu Inc. publicou a semana pasada en Internet unha lista cos nomes e os bens de 29 mil xudeus que foron perseguidos polas tropas de Hitler. O obxectivo é que os descendentes das víctimas do holocausto poidan reclamar a herdanza das propiedades que os seus devanceiros tiñan -e menteñen intactas-, moitas delas en numerosas contas en bancos de Suíza. Na páxina asegúrase que os datos que contén a lista foron tirados dos arquivos do Estado de Viena

- 09:00 19/08/1999
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: