Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Ímonos de festivais...

Logo da cantidade de romerías e festas que viviu Galicia na fin de semana pasada, tócalle o turno neste ciclo festeiro do verán aos festivais folc. E o certo é que vai ser difícil escoller: o Festival da Carballeira de Zas tráenos a Aghrú, Luar na Lubre e a Real Companhia, entre outros; o festival decano de Galicia, o de Pardiñas (Guitiriz) contará coa presencia dos irlandeses Dervish, A Quenlla, Caldaloba e Budiño; preto desta localidade temos o Lugnasad, primeiro encontro bretón, en Bretoña (Pastoriza). Seguimos en Santo Estevo de Ribas de Sil, onde a carón do mosteiro poderemos escoitar a sete grupos de Galicia, Asturias, Portugal e Escocia; e movéndonos cara ao Leste podemos achegarnos ata o Bierzo onde terá lugar o II Festival de Música Celta, con Abraxas, Leilía, Hevia, Camerata Meiga, Fía na Roca, Skanda e Reñubery... e ademais, Ponteceso, Nullán (Os Ancares), Viveiro, Quiroga e moitas máis localidades galegas contan nesta fin de semana con festivais ou concertos. A mágoa non poder estar en varios sitios ao mesmo tempo.

- 12:07 06/08/1999
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: