 
 
Máis de 400 profesionais dedicados á publicidade, márketing e a xestión de empresas de televisión xúntanse en Compostela nun Seminario de TV organizado por Ademo, a Asociación Española de Estudios de Mercado, Marketing e Opinión. Durante as xornadas do xoves e do venres trataranse cuestións relacionadas cos estilos de vida e consumo de televisión; a análise do estímulo dos tests de programas; a publicidade e a información; a eficacia da publicidade en televisión ou a saturación do mercado publicitario. O venres, 6 de febreiro, haberá unha mesa redonda titulada 'A televisión que temos' coa participación de Manuel Campo Vidal, Juan Menor, director de TVE, José Manuel Lorenzo de Canal Plus e Anxo Quintanilla, director da TVG, entre outros.
.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto