Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Guieiro contra o correo lixo

Crear direccións de correo alternativas para entregar en determinados lugares, non amosar a dirección propia de correo en webs, foros, chats e outros sitios públicos, usar ferramentas de filtrado… son algúns dos consellos da Asociación de Internautas para a protección dos usuarios fronte á vaga de mensaxes non solicitadas que asolaga as caixas de correo dos cibernautas nos últimos tempos. Como parte da campaña Seguridade na rede, o colectivo fai escolma das recomendacións básicas a considerar para evitar o chamado spam. De paso insisten na necesidade de normativas eficaces contra esta práctica a nivel europeo e piden a colaboración dos fornecedores de servicios na loita.

- 10:08 02/02/2004
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: