Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Isidro Silveira: o Horacio Gómez ferrolán??

O partido Popular de Ferrol busca candidatos para integrar nos primeiros postos das listas para concurrir ás próximas eleccións municipais do 13 de xuño. O secretario provincial do PP, José Manuel Romay Beccaría, afirmaba a o pasado martes nun xornal galego que aínda non estaba seguro que Isidro Silveira, o Presidente do Racing se fora presentar nas listas do PP

- 23:58 03/03/1999
Tags:

Seguindo a senda aberta polo Presidente do Celta do Vigo, Horacio Gómez, Isidro Silveira, o Presidente do Racing de Ferrol podería integrarse na lista electoral do PP ferrolán. Na cidade expecúlase coa posibilidade de que Silveira ocupe o número dous da lista, aínda que sobre a cuestión non existe nada acordado.

O Presidente provincial do PP, José Manuel Romay Beccaría confirmaba os contactos mantidos, dende hai xa algúns meses con Isidro Silveira para participar nas eleccións municipais nas listas do PP.

Isidro Silveira é ademais o propietario da televisión local de Ferrol, Ferrolvisión Canal 29.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: