Manuel Cristóbal presenta este luns ‘O soño dunha noite de San Xoán’, novo proxecto de Dygra, durante a xornada de apertura da xuntanza Mundos Dixitais. Juan Buhler, colaborador de proxectos coma ‘Shrek’ ou ‘Hormigaz’ e Carlos Grangel, quen participou na realización de filmes coma ‘Spirit’ e ‘O príncipe de Exipto’ son os outros dous conferenciantes no inicio da segunda edición dun evento que deica o próximo venres traerá a Galicia a algúns dos mellores especialistas en animación. Contámoslles no Canal Fwwwrando de Vieiros.
.