Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

A Pérez escapaselle o Pxou.

A equipa de goberno municipal non presentará o auto de revisión do Pxou, a menos que conte co respaldo dos grupos da oposición e das institucións correspondentes. Este será o tema que Manuel Pérez presentará o vindeiro lúns ó longo da celebración da comisión de seguemento do Pxou.

- 09:53 03/03/1999
Tags:

Manuel Pérez, que asegurou onte que o auto de revisión do Pxou, xa está estaba listo por parte do seu grupo, dixo tamén, que este non sería presentado si o resto dos integrantes da comisión de seguemento do Pxou non llo aceptaban. Insistiu en que a súa equipa revisou o Pxou tan só porque é necesarios para Vigo, pero que deben ser os demáis os que decidan si están dacordo co proxecto ou ben si se tramita outro. O alcalde insiste en que esta revisión, axustase, na súa opinión, ó solicitado pola Consellería de Política Territorial. Tan só, dixo, o tema reducese agora a unha cuestión de vontade política. Pérez afirmou que non se atopaba no lugar que agora estaba, nin por capricho nin por arbitrariedade nin siquera por levar a contraria a ninguén, sinon que estaba defendendo a necesidade dun planeamento máis operativo e claro, algo básico para esta cidade. Manuel Pérez e mailo Concelleiro de Urbanismo, teñen trocado de postura tamén noutra cuestión que si que tiñan clara a pasada semana: remitir á Xunta as rectificacións solicitadas sobre o Pxou. Pois ben, agora, ámbolos dous políticos manteñen co documento e máis as rectificacións que sobre del se fixeran, tan só será remitido á Xunta no caso de que exista consenso. A pesares deste cambio na actitude do alcalde, e da súa mán dereita Gil Sotres, os grupos da oposición, non parecen querer prestar o apoio necesario para que este proxecto siga adiante. Como exemplo pódense tomar as declaracións do voceiro do BNG, Lois Pérez Castrillo, que considera máis axeitado deixar o tema do Pxou para a próxima corporación municipal.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: