Jairo Souto, fillo dunha redeira de Malpica, e Ester Rivas, presidenta das mariscadoras de Cabo de Cruz, recolleron en nome de Nunca Máis o Pedrón de Ouro deste ano. No acto, celebrado na Casa de Rosalía, en Padrón, o presidente da asociación que outorga os premios, Avelino Abuín de Tembra, sinalou que a plataforma mereceu o galardón pola epopeia histórica de mobilizar á nosa xente pola nobre causa da nosa nación. O Pedrón de Honra recaeu sobre Jonh Rutherford, profesor da Universidade de Oxford, quen ofreceu o seu premio aos herois de Nunca Máis. Durante a pasada semana, centos de persoas manifestáronse en Barcelona e Granada convocados pola plataforma cidadá, demandando responsabilidades políticas e unha solución para o barco afundido.
.