Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Iraq: axustando as contas do negocio

Paradoxal pero significativo borrador de resolución para o Consello de Seguridade o que preparan os EEUU. Dunha parte queren beizón da ONU para ‘legalizar’ a ocupación iraquí, pola outra péchanlle o paso á volta dos inspectores independentes ao país. E unha clave: retíraselle ás Nacións Unidas o control sobre o petróleo do país. Por outra banda, os EEUU prometeron para España amplo negocio a través de subcontratas das adxudicatarias USA para a reconstrucción. E mentres, seguen as acusacións a Irán de ter un programa nuclear secreto.

- 08:46 09/05/2003
Tags:

O proxecto de resolución que EEUU presentará con toda probabilidade este venres no Consello de Seguridade da ONU, co apoio manifesto do Reino Unido e España non só busca levantar as sancións sobre Iraq. O documento terá algunhas significativas características: evita impedir que se lle vendas armas ao goberno iraquí, retíralle ás Nacións Unidas o control da venda do petróleo e péchalle o paso á volta dos inspectores para unha avaliación independente da posible existencia de armas de destrucción masiva.

Na fronte opositora a esta resolución xa asoman Francia e Rusia. O principal conflicto: o petróleo, xa que rusos e franceses pedirían que a ONU siga na administración do ouro negro iraquí ata que exista un goberno internacionalmente recoñecido en Iraq.

Máis información no Diario de Titulares.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: