O economista Pedro Arrojo-Agudo, clave na campaña contra o Plan Hidrolóxico foi o premiado en Europa co prestixioso Goldman, considerado o Oscar do ecoloxismo internacional. O resto dos premiados: a peruana Elena Foronda, que liderou unha campaña para sanear a industria de derivados pesqueiros do seu país; Odigha Odigha, nixeriana significada na protección dos bosques fluviais que quedan no país; Julia Bonds, líder de campañas contra a minería enriba de montañas; Von Hernández, organizador do movemento contra as incineradoras de lixo en Filipinas e dous vellos aborixes que estiveron á fronte do bloqueo á construcción dun vertedoiro nuclear en Australia. Os gañadores deste ano miraron máis aló deles mesmos, a miudo arrriscado a súa liberdade ou a súa seguridade, declarou o creador dos premios.
.