Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Michael Moore fará un filme contra Bush polo 11-S

O vindeiro proxecto do cineasta Michael Moore pode ser aínda máis controvertido có seu recente 'Blowing for Columbine', documental gañador do Óscar 2003. Segundo o 'Variety', o polémico Moore está a traballar nun novo filme, 'Fahrenheit 911' onde se sostén que George Bush pai fixo grandes negocios co constructor Mohamed Ben laden, o pai de Osama, que lle deixaría en herdo ao fillo 300 millóns de euros para financiar o terrorismo. Ademais, a familia Laden tería investido grandes sumas no Carlyle Group, un grupo empresarial especializado en reflotar empresas armamentísticas, do que Bush pai foi conselleiro. Moore precisa que esas relacións se mantiveron, polo menos, ata dous meses depois do 11-S, e vencéllaas co forte empurrón da política bélica de Bush tralo atentado das Torres Xémeas. Esta nova producción estaría financiada por Icon Productions, a empresa do conservador Mel Gibson, e contan con ela nas pantallas para as presidenciais de 2004.

- 11:50 30/03/2003
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: