Os mandos aliados quéixanse reiteradamente de que os iraquís están facendo arder os seus pozos petrolíferos: argumentan que é unha catástrofe ambiental e unha forma de facer máis difícil a reconstrucción do país. Ao parecer, e segundo un meteorólogo tuniciano, as razóns son ben distintas: os pozos queimaríanos para inutilizar co fume e os cambios climáticos a tecnoloxía angloestadounidense. Máis información sobre esta teoría no especial A conquista do Iraq de Vieiros.
.