Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

42.000 rapaces e rapazas enchen a Costa da Morte

O sol tivo a ben recibir aos 42.000 alumnos de Secundaria que pouco a pouco configuraron a anunciada cadea humana entre Laxe e Muxía. Unha banda de gaiteiros de Burla Negra agardaba no cemiterio dos Ingleses para amenizar a xornada, os helicópteros das televisións sobrevoban a zona e os algareiros nenos, protagonistas da Cadea, exhibían con orgullo bandeiras de Nunca Máis.

- 17:40 24/01/2003
Tags:

Algúns dos alumnos tiveron que camiñar máis dunha hora, pero a 'serpe multicolor' avanzou con bandeiras de Nunca Máis e pancartas realizadas polos propios alumnos con lemas relativos á manipulación dos medios de comunicación gobernamentais, á demisión dos responsables da catástrofe e reclamando a un plan de rexeneración do medio natural.

A Muxía, unha das localidades da Costa da Morte máis castigadas polo verquido, chegaron 32 autobuses con case 7.000 alumnos, que abrazaron todo o perímetro da península.

O treito que discorreu polo concello de Camariñas converteuse nun dos máis animados da cadea pola intervención de grupos de músicos e actores do colectivo Burla Negra e pola actitude dos rapaces, moitos deles disfrazados e con instrumentos musicais.

Ao longo da xornada non se produciu altercado algún, o que fala as claras da boa organización por parte de area Negra. Parabens para tod@s.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: