Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

A Universidade co galego.

Desde o ano 1.991 na Universidade de Vigo, existe unha comisión encarregada de elabourar actividades, tendentes a favorecer o desenrolo da lingua galega dentro desta institución. A oferta pública de cursos de formación en galego e a elabouración de materiais didácticos para as aulas, son algunhas das actividades previstas no convenio asinado polo Conselleiro de Educación e mailo Rector da Universidade de Vigo.

- 09:26 02/03/1999
Tags:

Domingo Docampo, Rector da Universidade e, mailo Conselleiro de Educación Celso Currás, asinaron onte en Vigo un convenio para a promoción da nosa lingua, no ámbito universitario. Tanto o Rector como o Conselleiro, coincidiron na necesidade de realizar actividades diversas para fomentar o uso da linguaxe galega. No convenio asinado, destacan actuacións como a oferta pública de cursos de formación, estes cursos estarían destiñados ó persoal dos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra. Tamén levarase a cabo un vocabulario galego-latín, que realizarán os departamentos de filoloxía galega e latina. Asi mesmo elabourarase material didáctico para as aulas. O longo deste ano potenciaranse as realizacións de teses doctorais na nosa lingua e proxectos realizados en galego, así como a publicación dos premios de relato curto, poesía e teatro.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: