Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

O alcalde asinou un novo acordo con Sogama.

O alcalde en funcións, Manuel Pérez e Luis Mingo Reiz en representación da Sociedade Galega de Medio Ambente (Sogama), asinaron onte un novo contrato para a xestión do servicio de tratamento de residuos sólidos urbanos. A duración deste novo convenio é dun ano con posibilidade de prorrogarse outros catro anos.

- 00:16 24/06/1999
Tags:

Segundo se recolle no novo acordo, Sogama comprometeuse a xestionar os residuos sólidos urbanos do concello de Vigo entregados na planta de transferencia de Guixar, mentres que a administración local farase cargo do transporte do lixo ata a empacadora cunha cantidade mínima estimada de 300 toneladas ó día. No suposto de que o desenrolo da implantación da recollida selectiva faga aconsellable a instalación dunha planta de clasificación de residuos de envases e embalaxes, Sogama comprometeuse a adquirir os terreos, construír e xestionar esta nova planta. O acordo inclúe coma diferencias substanciais con respecto ó convenio anterior, a supresión das cláusulas de penalización que se aplicaban no caso de que o concello non acadara a cantidade de 300 toneladas de lixo ou, sobrepasara as 500. Tamén, todos os materiais selectivos recollidos na denominada bolsa amarela teñen un custo nulo durante a vixencia deste convenio.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: