Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Anxo Quintana, coordenador executiva BNG

“Esta é a única maneira de que se nos teña en consideración, de ter un futuro diferente”

- 18:18 01/12/2002
Tags:

Esta é a demostración evidente de que Galicia ten unha cidadanía viva, crítica, e disposta a gañarse un futuro diferente. E este é o primeiro paso non só para buscar solucións para que isto non volva suceder nunca máis senón para conseguir que Galicia teña outro lugar institucional dentro do Estado español e dentro de Europa, a única maneira de que se nos teña en consideración, de que poidamos non só considerar a resolución da catástrofe senón tamén ter un futuro diferente.

Isto só é un primeiro paso. A Plataforma Nunca Máis! ten vontade de continuidade na presión para que o desastre nunca máis volva a suceder. Ata que consigamos que se tomen as medidas estructurais necesarias para que isto non se repita, a Plataforma seugirá loitando.

Non hai ningún desacordo con outros grupos. A Plataforma fixo unha convocatoria aberta, á que se sumou todo o que quixo, o que non está nela é porque non quere e esta manifestación tivo un sentido aberto, e aceptouse a participación de grupos políticos ou sindicais que malia non estando nela, compartían os obxectivos da convocatoria.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: