Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

González-Millán, terceiro presidente da AIEG

Por Kathleen N. March
Presidenta da AIEG e profesora na University of Maine

- 07:17 28/11/2002
Tags:

A Asociación Internacional de Estudios Galegos recebeu a nova do pasamento de Xoan González-Millán con o máis fondo pesar. Nada máis lonxe dos pensamentos de todos que a desaparición desta figura tan importante no eido das letras galegas. Dende Estados Unidos sempre mantivo o contacto coa terra natal e a sua lingua. Fixo investigación de xeito dedicado e serio, con boa base teórica e co completo compromiso coas suas orixes.

O compromiso académico e persoal de González-Millán levou-no a ser un dos primeiros en responder á chamada ao primeiro congreso do que sería o AIEG. Foi no ano 1984 que empezou esa relación e en outubro de 1985 foi o finado un dos asinantes no acto de fundación na Universidade de Maine (Orono, Maine).

González-Millán (ao que moitos de nós preferíamos chamar Xan) foi o terceiro presidente da AIEG e liderou o congreso de Nova York de 1991. Non moito despois convertiría-se en editor do Anuario de Estudios Literarios Galegos, mostra do seu desexo de manter unha continuidade na presencia do galego na academia a nivel internacional. Foi el quen coidara a cátedra de galego en Nova York e moito axudou a manter os vencellos entre o outro país de moitos emigrantes galegos e Galicia. Fillo de O Grove, xa establecido no corazón dese país como profesor e estudioso, foi un dos contribuíntes máis importantes á modernización e ampliación dos estudios literarios en relación con Galicia. A crítica literaria galega debe-lle moito máis do que se pode expresar nesta homilía. O agradecemento vai máis lonxe do recoñecemento dos traballos sobre Cunqueiro, polos que se lle respetaba tanto, a abranguer a perspectiva das culturas periféricas en xeral, a sua sobrevivencia e dinámica particular. O baleiro, para todos os amantes da cultura galega e especialmente da sua literatura, será inmensa.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: