O novo carril de entrada na Avenida do Exército abreuse o luns día 1. O corredor central da estrada pecharase ó tráfico para construi-la segunda fase do viaducto.
A construcción do resto dos pilares do viaducto sobre a avenida do Exército obligará ó tráfico a desviarse, dende o luns día 1, hacia o arcén, que no último mes se habilitou como estrada. Esta situación durará aproximadamente catro meses, xa que ademáis das pilas aproveitarase para coloca-lo taboleiro da ponte. Cando se volte a abri-la avenida, os coches poderán optar por segui-lo viaducto - tres carriles en cada sentido - ou xirar na glorieta que se construirá baixo o mesmo, á altura do cruce coa Ronda de Outeiro. As obras nas inmediacións da estación de San Diego tiveron retrasos imprevistos por culpa da reubicación dun transformador de electricidade e outros problemas que se detectaron co cambio das canalizacións.